Por aquí vai ben, mais cun pouco aburrimento. Xa ves, non teño outra cousa que facer que esbardallar alegremente. A vida éche así. Hainos que están pior ca min. Hai cada un por aí adiante... Se che contara eu... buf! En fin, non é que me queira escusar eu de terte aí diante mirando para unha cadrada e máis ou menos luminosa pantalla como un escravo, senón máis ben quero facerche entender que non es ti o que me está facendo un favor a min lendo este caderno dixital, senón máis ben son eu a que che está a facer un favor a ti por alumear este momento coas miñas incoherencias, manifestacións do absurdo (ou o máis alén), defensas apaixonadas de causas perdidas e insignificantes, etc. Of course! Ou acaso o dudabas?
Volvo ó de antes. Hai cada un... A José Luis Moreno déuselle por poñer voces de maricona e xogar a bonecos na tele e a min dáseme por escribir, debuxar ou imitar á nena do exorcista. Macho! Cada un ao seu!
Antes xa fixen (ou tentei facer) seria análise política, artigos de viaxe e ecoloxía (ou! que diversificada estouuuuuu!), e agora, para confirmar a idea de que son unha inadaptada social, gustaríame facer crítica social (ouh yeah!) e de todo o que me apeteza (ale).
Podedes coller unha copa (aínda que eu non vou invitar, que estamos en crise) que imos ir empezando. Non sexades moi duros comigo. Eu podería ser calqueira de vós... ups...
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)

Sem comentários:
Enviar um comentário