-Eu de maior quero ser... futbolista! (e senón, ghaiteiro!)
-Pero... ai mi madriña! E lo' como has de ser ti futbolista, miña neniña? Non ves que as nenas non poden ser futbolista?
-Pero... Eu quero xoghar ao fútbol!
Era un soño bonito, si señor; mais xa se sabe, as cousas son "así" e punto. Os soños non son máis ca soños, ou iso din; porque eu máis ben penso que os soños son os motores das nosas vidiñas. Que sería das nosas rutinas se non os tuveramos? Pois posiblemente estaríamos na profunda Prehistoria. O home que soñou con voar, o home que soñou con ver e falar cos que estaban lonxe, o home que soñou con ver na escuridade... se non soñaran, a ver onda carallo estaban os avións, os teléfonos, as teles ou as bombillas!Pois a meniña quería xogar ao fútbol, así que xogaba, e soñaba, of course! Soñaba con correr por un campo verde e longo! E ollo, que tamén gustaba de ir a fozar en prados e montes, como boa galega! E xa temos, así, outra característica da meniña: era un pouco cabra. E como boa cabra, dáballe todo igual e era un pouco testarana: "Cando digo que si, é que sí; merrrrda!", "Di que si, muller!".
Á mocosa impertinente, testana e que tira ao monte tamén se lle daban ben outras cousas, polo que aínda ía tendo sorte. Así que como lle puxeron unha parede de formigón no medio do camiño, pensou que sería boa idea buscar de esquivalo. Agora pensaba que detrás dese muro, ou detrás do monte, estaba o seu soño. Agora xa podería chegar ao que quería, dando unha volta polo monte e sacudindose os prexuízos dos que eran arreo montunos de verdade.

E detrás do monte, ou muralla, si o topou. E non só iso, senón moito máis! Toda unha recompensa a convertera na persoa que quería cunhas areas de humanidade enriquecida.
Podedes encerrarme entre murallas, podedes queimarme nas lapas dos prexuízos, podedes sinalarme e apartarme... mais non podedes roubarme os meus soños, a miña liberdade!

Sem comentários:
Enviar um comentário